Fermoso percorrido feito o 25 de xuño de 2016, con saída no Museo Etnográfico da Capela, frente a Igrexa de Santiago de A Capela, tomando o Camiño Vello de Caaveiro, pasando polo Mosteiro de Caaveiro. Despois seguimos a Senda Ventureira e chegamos á Central do Eume, rodeamos a antiga Central e, collendo a Senda dos Altos de Fortandión -que leva ao Canón e Encoro do Eume- subimos ao Miradoiro de Teixido, onde se poden contemplar unhas fermosas vistas do Encoro. Por último, tras visitar o Miradoiro, nos diriximos ao Parque Etnográfico do Río Sesín, para contemplar os muíños que alí se atopan.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aproximadamente, 15 km

Dificultade: moderado

Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller a N-651 dirección Pontedeume. Tras pasar Fene entrar no Polígolo de Vilar do Colo, e coller a estrada AC-564 dirección As Pontes. Ao chegar a As Neves (Concello de A Capela), en Casa Toñita á dereita coller estrada local dirección Central do Eume. A un 1,7 km do comezo da estrada seguimos a sinalización ata chegar á Casa do Pazo/MuseoEtnográfico da Capela.

IMG_20160627_133404

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Mapa da ruta:

mapa da ruta A Capela-Caaveiro-Teixido-A Capela

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8042367   (información, localización e mapas sobre a ruta)

http://www.concellodacapela.es/paxinas/gl/turismo/mosteiro-de-caaveiro.php

http://www.losviajeros.com/Blogs.php?e=47262

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10390501