Andaina feita o 9 de abril de 2016. Percorrido curto e circular -de aproximadamente 8 km incluindo desviación ao Miradoiro-con camiños boscosos e fermosas vistas sobre o Encoro e o Cañón do Eume. A subida ao Miradoiro e as vistas dende alí son espectaculares.

Esta ruta bordea unha das zonas de reserva do Parque Natural das Fragas do Eume. Partindo de Piñeiro, nas proximidades de Torre de San Bartolomé, bordea a Pena dos Mouros e remata na fantástica Fraga do Mosqueiro. Alcanza tamén o Encoro, e o lugar de onde parte o túnel -de máis de 2 km de lonxitude e 3 metros de diámetro- que alimenta de auga por debaixo da montaña á central hidroeléctrica do Eume.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: 5,6 km (i/v) + 2 km (i/v) ao Miradoiro sobre o Encoro do Eume

Dificultade: baixa/moderada

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Acceso á ruta:

Dende Pontedeume coller primeiro a estrada local AC 144, logo a AC 151 dirección Monfero. Pouco antes de chegar á Casa do Concello de Monfero (aproximadamente a 17 km de Pontedeume) coller á esquerda estrada local dirección San Bartolomé/Central do Eume. Hai que chegar primeiro a Torre de San Bartolomé e pouco despois a Piñeiro, lugar onde se localiza o comezo da ruta.

 

*Mapas da ruta:

IMG_20160409_112434    IMG_20160409_112447    IMG_20160409_112533

mapa ruta

 

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7116718   (localización, mapas e información sobre a ruta)

http://www.caminandoentresenderos.com/?p=2796   (localización, mapas e información sobre a ruta)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=643&q=central+hidroelectrica+do+eume&oq=central+hidroelectrica+do+eume&gs_l=img.3…367.9630.0.10350.32.15.1.15.15.0.246.1543.0j11j1.12.0….0…1ac.1.64.img..4.24.1663.K2tgI3xYN-U#hl=es-419&tbm=isch&q=encoro+do+eume   (fotos do Encoro do Eume)