Fermosísima ruta que comeza no Cruceiro de Teixidelo, arriba de Santo Andrés de Teixido (Cedeira). Impresionantes vistas dos cantiles de Herbeira e das Praias Negras. Ruta moi recomendable, aínda que esixente (con subidas e baixadas non aptas para todos). Non é recomendable facela con néboa ou moi mal tempo.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aprox., 10 km (i/v)

Dificultade: alta

 

Acceso á ruta dende Ferrol:

Coller a estrada dirección Cedeira; en Cedeira coller a estrada dirección Santo Andrés de Teixido; deixando Teixido á nosa esquerda,  seguimos a estrada que vai dirección Garita de Herbeira/Cabo Ortegal/Cariño, e paramos no Cruceiro de Teixidelo, comezo da ruta. Aquí cóllese unha pista asfaltada á esquerda que baixa ata o pobo de Teixidelo; xusto antes dunha casa, pode verse unha valla metálica (é a terceira que atopamos dende o cruceiro). Pasada a valla, a uns 500 metros, ábrese un gran sendeiro, dende o que se ten unha impresionante vista panorámica dos cantiles de Herbeira, os máis altos da Europa continental. Seguimos polo camiño en descenso en zigzag ata que chegamos a unha cabana de pedra e ás praias negras. Perto da cabana, pero no outro lado, mirando cara a o Illote Gabeiras, atopamos a Fervenza de Calabanda, de bastante altura, que verte as súas augas ao mar.

Para visitar o Castelo do Casón, a Fervenza e o Pozo do Inferno, seguimos dende o Crucero de Teixidelo pola estrada dirección Garita de Herbeira/Cabo Ortegal/Cariño. Antes de chwegar á Garita, nun cruce sinalizado collemos a estrada local dirección San Adrián. Pasamos por Meizoso e a Capela da Virxe do Socorro Vello e tras poucos kilómetros, chegaremos a un cruce onde veremos unha pista de terra con indicacións para chegar á Fervenza/Pozo do Inferno e Castelo.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

Enlaces de interse:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10919717   (información sobre a ruta)

http://cedeira.gal/cultura-e-turismo/oficina-de-turismo   (información turística e rutas por Cedeira)

http://www.turismoortigueira.com   (información turística e rutas por Ortigueira)