Andaina feita o 17 de xuño de 2017. Esta ruta comeza en Vigo de Sanabria e segue o río Forcadura para levarnos á Laguna de Peces. O principal atractivo da ruta é por unha banda o auga en forma de remansos, rápidos, pequenas fervenzas e lagoas, e pola outra as rochas e precipicios que contemplamos a carón do canón. Unha vez que se chega á Laguna de Peces podemos dar a volta ou continuar ata chegar á Laguna de las Yeguas e a pequena Laguna de las Salinas. Na primeira opción serían uns 14 km i/v e se optamos por seguer ata ás outras lagoas serían uns 19 km.

 

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aprox., 14 km i/v

Dificultade: moderada

 

Acceso dende Ferrol:

AG-64, A-6 saída 488, coller o corredor dirección Sarria/Monforte, logo a N-120 a A Rúa, Viana do Bolo. En A Gudiña coller a autoestrada A-52 dirección Benavente/Madrid. Antes de chegar a Puebla de Sanabria, coller estrada local cara Lago de Sanabria.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

Enlaces de interese:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8416551   (información, mapas e detalles da ruta)

https://www.google.es/search?q=lago+de+sanabria&site=webhp&source=lnms&tbm=isch&sa=X&sqi=2&ved=0ahUKEwijqsv9m8rUAhWMfFAKHX7wAHIQ_AUIBygC&biw=1600&bih=794

(fotos e imaxes do Lago de Sanabria)