Distancia aproximada percorrida: 18 km

Ruta situada nos Concellos de Paradela e Portomarín.

Percorrido feito o 7 de decembro de 2013.

 

*Enlace ao vídeo publicado en Youtube:

http://youtu.be/LMdGJBUyzkg

 

* Enlace ao vídeo da ruta editado có programa Magisto:

http://www.magisto.com/video/MkMDI10HCipoQEVnCzE

 

*Enlaces de interese:

http://www.paradela.es/es/content/la-ruta-do-loio

http://www.caminofrances.org/sites/default/files/ruta-rio-loio-folleto-paradela.pdf

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=34904

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=571360

 

*Enlace ás fotos e vídeos subidos a flickr:

http://www.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157638452801854/

 

Descrición:

Camera 360

A ruta comeza en Pacios (Paradela) e remata en Portomarín, nunha ponte sobre o encoro de Belesar.

En realidade, eu a fixen ao revés, xa que cheguei a Portomarín e deixei o coche alí, e despois fixen a ruta en sentido  inverso.

Comezei a camiñar ás 12.3o, cunha temperatura moi baixa (uns o grados). Antes de poñerme a facer o camiño, tomei un  café no Mesón do Río Loio, a carón da ponte.

 

Despois dunha longa subida de casi 2 km, cheguei as ruinas do Monasterio de Santa María de Loio. Por máis que busquei as ditas ruinas, non as atopei, xa que debían estar cubertas pola maleza.

Pouco despois cheguei ao Río Loio, en concreto, á Ponte de Portocaneiro.

Realmente, esta é unha ruta preciosa, xa que se atopan innumerables castiñeiros e carballos. Como facía tanto frío, o chan e a herba estaban cubertas de xeo.

Despois de baixan por un camiño estreito e empinado, cheguei ao Muíño da Retorta. E para miña sorpresa puiden contemplar unha das estampas máis fermosas desta ruta: unha pequena fervenza ou salto de auga, ao carón do muíño. Neste paraxe  tan fermoso parei un rato para xantar.

Camera 360

Camera 360Camera 360Camera 360

Seguín o meu camiño e atopeime cun dos elementos mái coñecidos da ruta, o Carballo milenario. Este é o carballo máis grande que xamais vira na miña vida.

Camera 360

Despois do carballo vin diversos muíños pero non parei xa que se facía tarde, e quedaba pouco tempo para que  anoitecese. Polo que  decidín dar a volta antes de chegar a Pacios.

No camiño de volta, vin a un raposo perto da Ponte de Portocaneiro, que se meteu axiña entre as árbores sen que apenas  me decatase.

Aínda que o camiño está ben sinalizado, case me perdo, xa que pasei por alto unha sinal que me indicaba que iba polo camiño incorrecto.  Despois de andar uns centenares de metros, tiven que volver atrás ata chegar ao bo camiño.

Camera 360

Ás 6 da tarde cheguei ao ponto de partida, á ponte antes mencionada, e collín o coche para ir a tomar un café en Portomarín. Alí entrei nunha cafetería onde tiñan un hermoso fogo na chimenea. Portomarín está situado no Camiño de Santiago. A antiga vila quedou baixo as augas do río, lugar onde se atopa o actual encoro de Belesar.

Despois do café puxen rumbo a Ferrol.

 

 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s