Percorrido polos Montes de Pena Fesa, no Concello de Monfero, nas Fragas do Eume. Trátase dun ruta ben sinalizada que transcurre na meirande parte por pista forestal, moi axeitada para facer con neos e en bici. Bonitas vistas aos montes de Monfero e As Pontes.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: 9,5 km (i/v)

Dificultade: fácil (aínda que hai unha subida bastante forte no final da ruta)

 

Acceso á ruta:

Para acceder ao principio da ruta, na estrada de Monfero AC-151, a carón da Casa do Concello, coller estrada local dirección Mosteiro de Monfero; dende alí seguir as indicacións dirección Visura, Pila da Leña. Neste último lugar coller estrada local DP- 5002 dirección Montelongo, Bouzamaior. En Bouzamaior atoparemos en primeiro lugar  un panel indicando a Senda dos Cumios de Sanguiñedo; a poucos metros, veremos outra pista de terra a man esquerda onde se inicia a Senda dos Cerqueiros, e logo no alto, a 900 metros, atoparemos unha esplanada á dereita, onde hai paneis que indican o comezo do Camiño de Pena Fesa. A distancia entre o comezo da ruta e o Mosteiro de Monfero é de aproximadamente 5 km.

Para ir ao pantano do Eume -onde se alugan os kayaks- seguir pola estrada DP-5002 dirección Lagares, Armada do Cando, e ao chegar ao lugar chamado As Eiras verase cartel indicador do pantano. A distancia entre o comezo do Camiño de Pena Fesa e o pantano é de aproximadamente 5,2 km.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Mapas da ruta:

IMG_20160610_164120    mapa da ruta

IMG_20160604_115238    IMG_20160604_115331

 

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8775464   (información técnica sobre a ruta e mapa)

http://guias.masmar.net/Turismo/Galicia/Las-Fragas-do-Eume.-Parque-Natural.-Comarca-do-Eume.-Caba%C3%B1as,-A-Capela,-Monfero,-Pontedeume-y-Puentes-de-Garc%C3%ADa-Rodr%C3%ADguez.-A-CORU%C3%91A/Rutas-y-senderos-en-la-Fraga-do-Eume.-Sangui%C3%B1edo,-Cerqueiros,-Pena-Fesa   (información sobre a ruta)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=599&q=Monte+de+Pena+Fesa%2C+Monfero%2C+Fragas+do+Eume&oq=Monte+de+Pena+Fesa%2C+Monfero%2C+Fragas+do+Eume&gs_l=img.3…2193.22382.0.24689.73.11.0.62.1.0.125.945.7j3.10.0….0…1ac.1.64.img..1.10.868…0j0i30j0i8i30.Uej1Q_LOI8Q#hl=es-419&tbm=isch&q=Monte+de+Pena+Fesa%2C+Monfero%2C+

(fotos e imáxenes da Pena Fesa e Fragas do Eume)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=599&q=Monte+de+Pena+Fesa%2C+Monfero%2C+Fragas+do+Eume&oq=Monte+de+Pena+Fesa%2C+Monfero%2C+Fragas+do+Eume&gs_l=img.3…2193.22382.0.24689.73.11.0.62.1.0.125.945.7j3.10.0….0…1ac.1.64.img..1.10.868…0j0i30j0i8i30.Uej1Q_LOI8Q#hl=es-419&tbm=isch&q=pantano+del+Eume%2CAs+Eiras%2C+Monfero%2C+   (fotos do pantano do Eume, As Eiras, Monfero)