Andaina feita o 28 de agosto de 2016, por terras dos Concellos de Ribadumia e Meis, provincia de Pontevedra. Fermoso percorrido, ben coidado e sinalizado, cheo de muíños restaurados, moi coñecido entre os camiñantes, segundo o curso do Río Armenteira. A ruta, denominada PR-G 170, remata no Mosteiro do mesmo nome.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: 6,8 km

Dificultade: en xeral, baixa; nos 3 últimos km, o camiño estréitase e hai máis subidas e baixadas.

Acceso á ruta:

O comezo da ruta atópase a carón da oficina municipal de turismo de Ribadumia, na rotonda da VG 4.2,  que une a AG-41 con Cambados.

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

Mapa da ruta:

mapa da ruta da pedra e da auga

Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=450548   (información e mapas sobre a ruta)

http://www.queverengalicia.com/2014/04/pr-g-170-ruta-da-pedra-e-da-auga-ribadumia.html   (información sobre a ruta)

http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/armenteira   (información sobre o Mosteiro de Armenteira)

https://www.monasteriodearmenteira.es   (información sobre o Mosteiro de Armenteira)

https://www.ribadumia.org/turismo.aspx   (información turística sobre o Concello de Ribadumia)

https://es.wikipedia.org/wiki/Meis   (información turística sobre o Concello de Meis)

http://www.queverengalicia.com/2014/08/pr-g-171-ruta-do-rio-san-martino.html   (info sobre rutas por Ribadumia e Meis)