Ruta feita o 15 de abril de 2017 dende o Porto de Navacerrada ata a estación de tren de Cercedilla, na Serra Norte de Madrid. Séguense tres sendas – Camino Schmid, Los Miradores, Camino del Agua- todas elas ben sinalizadas e balizadas. A destacar, as fermosas vistas dende Navacerrada, a orixinalidade dos Miradores de los Poetas e a frescura do regato que transcorre polos bosques de pinos no Camino del Agua.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude e dificultade:

-Camino Schmid: 14 km (moderada-alta)/-Los Miradores: 9,3 km (fácil-moderada)/-Camino del Agua: 5,7 km (baixa)

 

Cómo acceder dende Ferrol:

Coller a A-6 dirección Madrid. Dende Madrid coller a estrada ata Cercedilla. Dende Cercedilla coller a estrada M-601 a Navacerrada.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

 

 

Enlaces de interese:

http://www.cercedilla.es/senderismo-y-rutas/   (mapas e información detallada da ruta)

http://www.sierranorte.com/sierranorte/index.php   (mapas e información de rutas pola serra norte de Madrid)