Feito o 13 de novembro de 2016, este percorrido lineal de aproximadamente 8,2 km transcorre pola costa de Valdoviño, con saída no Miradoiro do Paraño, visitando as Praias de Rodo en Pantín, e Baleo, e con remate na Punta Chirlateira. A destacar, os fermosos cantiles ao longo do percorrido, as vistas sobre a Praia de A Frouxeira dende o Paraño, e as vistas da costa de Cedeira dende Punta Chirlateira. Fácil de facer.

 

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aproximadamente, 8,2 km

Dificultade: fácil

 

Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller a estrada AC-116 dirección Valdovño/Cedeira, logo de pasar Valdoviño, coller a estrada AC-566 dirección Cedeira, e no km 14 coller a esquerda onde se atopa o indicador Miradoiro do Paraño.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

mapa-da-ruta

Enlaces de interese:

http://www.concellodevaldovino.com/?q=es/node/26   (información sobre as praias de Valdoviño)

http://www.concellodevaldovino.com/?q=es/node/144   (información sobre rutas de senderismo en Valdoviño)

https://www.google.es/search?q=mirador+do+para%C3%B1o&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&sqi=2&ved=0ahUKEwjtx9mNyavQAhVFcRQKHdbZC10QsAQIPg   (fotos e imaxes sobre o Miradoiro do Paraño)