Primeira etapa do fermosísimo Camiño dos Faros, unha proposta de senderismo pola Costa da Morte. Esta etapa comeza no Faro e Porto de Malpica e remata na Praia de Niñóns, despois de percorrer 22 Km, con moito sube e baixa. No camiño atoparemos ata seis tranquilas praias -Area Maior, Beo, Seiruga, etc..-coas súas correspondentes bahías, as Illas Sisargas có seu faro, grandes cantiles e Punta Nariga, onde destaca o faro construido polo arquitecto César Portela, o primeiro grande faro que atopamos neste Camiño.

 

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aproximadamente, 22 km

Dificultade: moderada (hai que ter coidado cando se percorren os estrechos camiños polos cantiles na Costa de Nariga)

Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller autopista de peaxe  A-9 dirección A Coruña, logo enlazar coa autovía AG-55 dirección Arteixo/Carballo, coller a saída 33 e despois as estradas AC-414 e AC-418 a Malpica.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

mapa-ruta-malpica

Perfil da ruta:

perfil-etapa

Enlaces de interese:

http://www.caminodosfaros.com/etapa-1-malpica-ninons   (información detallada da ruta)

http://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9538531   (información detallada da ruta)

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7817264   (información detallada da ruta)

http://www.concellomalpica.com/turismo/es/rutas-es   (información sobre rutas polo Concello de Malpica)

http://www.topwalks.net/es/costa_da_morte.htm   (información sobre rutas de senderismo pola Costa da Morte)

http://costadamortegalicia.com   (información turística e rutas pola Costa da Morte)

http://costadamortegalicia.com/ruta-de-los-faros-de-costa-da-morte   (faros da Costa da Morte)