Percorrido  moi fermoso pola costa dos Concellos de Cabanas, Fene e Ares. Iníciase na Praia da Magdalena e pinar de Cabanas, visitando diversas calas e praias de ditos concellos, e remata na pequena vila aresana de Redes. A destacar, as vistas á Ria de Ares e as fermosas praias que se atopan nesta ruta.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aproximadamente, 6 km

Dificultade: fácil

 

Acceso á comezo da ruta:

Dende Ferrol coller a estrada nacional N- 651 ou AP-9 dirección Pontedeume/Betanzos. En Cabanas, na rotonda, coller a estrada local DP-1502 cara á praia, o paseo e o pinar de Cabanas. Ao final da praia, hai una escaleira de madeira pola que hai que subir para facer a ruta.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

Mapa da zona:

mapa-da-zona

Enlaces de interese:

http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2017/01/ruta-por-la-costa-cabanas.html   (información sobre a ruta)

http://www.patrimoniodecabanas.es/index.php?option=com_content&view=article&id=82&Itemid=18&lang=es

(información sobre senderos e rutas no Concello de Cabanas)

http://www.fenecidadan.net/interior.php?txt=arbore_web29&lg=gal   (información sobre natureza no Concello de Fene)

http://www.concellodeares.com/rutas.php   (información sobre rutas e sendeiros no Concello de Ares)