Fermosísima ruta por terras de O Vicedo (provincia de Lugo), con saída na Praia de Abrela e final na Punta Socastro (“Fuciño do porco”). Trátase dun percorrido principalmente por pista de terra, mal sinalizado, pero con fermosas vistas á Ría de Viveiro.
Tipo de ruta: circular
Lonxitude: 8 km (i/v)
Dificultade: baixa
Compleméntase a ruta con visitas ao Mirador de Monte Castelo (Viveiro) e o Pozo da ferida (Xove)
Acceso á ruta(Sendero azul):
Dende Ferrol coller AG-64 ata As Pontes, logo estrada AC 101 dirección Ortigueira, e finalmente estrada LU-862 dirección Viveiro. En O Vicedo, no km 80 no lugar coñecido como O Folgueiro coller estada local LU-P-6412 que vai á Praia de Abrela. No km 3 desta estrada esta o cartel anunciador do comezo da ruta.
Acceso ao Mirador de Monte Castelo:
Dende O Vicedo seguir pola estrada LU-862 a Viveiro. En Viveiro coller estrada LU-540 dirección Ourol/Vilalba/Lugo. No km 8 coller desviación á dereita, onde comeza a pista de terra (de 4 km) que sube ao Mirador.
Acceso ao Pozo da ferida:
Dende O Vicedo seguir pola estrada LU 862 a Viveiro. En Viveiro coller estrada LU-540 dirección Lugo; a 4 km de Viveiro á esquerda coller estrada local LU-161 dirección Alfoz/Mondoñedo e seguir as indicacións.
*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:
*Mapa da ruta (sendero azul:
*Enlaces de interese:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9213993 (información e mapas sobre a ruta sendero azul dende Praia de Abrela)
http://www.concellodovicedo.org/turismo/info/es/19 (información e mapas sobre a ruta sendero azul dende Praia de Abrela)
http://www.adeac.es/sites/default/files/archivos/Senderos%20Azules%202015.pdf
(información sobre a Rede de senderos azules)
https://www.google.es/search?q=fuci%C3%B1o+do+porco+viveiro&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwiGirjs6a_NAhWMChoKHWsGBBcQsAQIMw&dpr=1 (fotos da Punta Socastro ou Fuciño do porco)
https://www.google.es/search?q=fuci%C3%B1o+do+porco+viveiro&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwiGirjs6a_NAhWMChoKHWsGBBcQsAQIMw&dpr=1#tbm=isch&q=monte+castelo+viveiro (fotos do Monte Castelo)
https://www.google.es/search?q=fuci%C3%B1o+do+porco+viveiro&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwiGirjs6a_NAhWMChoKHWsGBBcQsAQIMw&dpr=1#tbm=isch&q=pozo+da+ferida (fotos do Pozo da ferida)