Andaina feita o 17 de abril de 2016. Fermosísimo percorrido que comeza na vila de Cariño, na comarca do Ortegal. Segundo o Camiño dos Romeiros a San Xiao do Trebo, se visita o Cabo Ortegal e o seu faro, para logo continuar pola Serra da Capelada, polo Camiño do Limo ata os Montes do Limo e rematar na Area Recreativa do mesmo nome, a medio camiño entre o Cabo Ortegal e a Garita de Herbeira.

Destacan as fermosas vistas ao Mar Cantábrico e ao Océano Atlántico, os Aguillóns, os cantiles arredor do Cabo Ortegal e o Limo, e as impresionantes vistas sobre a Ría de Ortigueira e Ladrido.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aprox. 12 km en total

Dificultade: baixa (a destacar, a forte subida en dirección ao Pico/Monte Gargacido)

Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller estrada AC 862 dirección Ortigueira-Viveiro. No km 42, en Ponte Mera, coller á esquerda a estrada local DP 6121, a Cariño (a 10 km).

-Primeira parte da ruta (Cariño-Cabo Ortegal):

Iniciase despois de pasar o Cemiterio de San Bartolomé de Cariño. A poucos metros atópase un pequeno miradoiro á dereita da estrada que une Cariño có Cabo e o Faro. Este camiño de terra chámase “Camiño dos Romeiros” e pasa pola Capela de San Xiao do Trebo antes de chegar ao Cabo Ortegal (aprox. uns 3,5 km lineais).

-Segunda parte da ruta (Cabo Ortegal-Montes do Limo):

Poucos metros despois de subir dende o Faro do Cabo Ortegal, á dereita da estrada que leva a Cariño, comeza un camiño de terra cunha forte subida que leva aos Montes do Limo. Aquí se pode visitar o Pico Gargacido. Séguese polo camiño ata entroncar có Camiño do Limo, unha estrada asfaltada que leva ata Garita de Herbeira. A ruta descrita aquí remata na Area Recreativa O Limo.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Mapas e localización:

Mapa Cariño-Cabo Ortegal      Otro mapa Cariño-Cabo ortegal

Ruta de Cariño a Cabo Ortegal

Mapa de Faro do Cabo Ortegal ao Monte do Limo     Otro mapa de Cabo Ortegal ata os Montes do Limo

Ruta do Cabo Ortegal ata o Monte do Limo (Area Recreativa)

 

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/rutas/senderismo/espana/galicia/carino   (información sobre diversas rutas por Cariño)

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8376973   (información e mapas sobre o Camiño dos Romeiros ao Cabo Ortegal)

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5713559   (información e mapas sobre o Camiño dos Romeiros ao Cabo Ortegal)

http://www.concellodecarino.com/index.php?lg=cas   (información xeral sobre Cariño)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=643&q=cabo+ortegal&oq=cabo+Ortegal&gs_l=img.1.0.0l5j0i30l2j0i5i30l3.413.2648.0.5506.12.12.0.0.0.0.140.1255.6j6.12.0….0…1ac.1.64.img..0.12.1251.Ul7wzsYScAg   (fotos do Cabo Ortegal e Cariño)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=643&q=Montes+do+Limo&oq=Montes+do+Limo&gs_l=img.3…2078.5965.0.6636.14.11.0.3.0.0.136.1203.1j10.11.0….0…1ac.1.64.img..0.10.1085.h-RRc4RF3Vs#imgrc=-9CUtrzWOf_rTM%3A   (fotos sobre os Montes do Limo)