Andaina feita o 15 de agosto de 2016, incluindo unha visita ao Encoro das Forcadas (Valdoviño). Trátase dun percorrido curto no que se disfrutará da privilexiada vista que dende o pico se ofrece do concello de San Sadurniño e da bisbarra. A destacar, na cima atópase unha tumba excavada na rocha coñecida como “cama do santo”.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: 4 km

Dificultade: baixa

*Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller autoestrada AG-64 e saír na saída 13, logo coller estrada AC-862 dirección San Sadurniño/Ortigueira. No km 17, na rotonda de San Sadurniño, xirar á dereita e coller a estrada local DP-7602 dirección Ferreira/Igrexafeita. No km 6, no lugar da Senra, atópase a Igrexa de San Paio de Ferreira. Aquí comeza a ruta ao Pico. O percorrido ten sinalización e carteles informativos.

Para ir dende aquí ao Encoro das Forcadas (Valdoviño), hai que chegar a San Sadurniño. Tras pasar a Casa do Concello, coller a estrada local DP-7603 dirección Valdoviño. No km 9,6 hai un cruce, hai que coller á dereita a estrada local DP-2502 dirección Cerdido. Dende o cruce o Encoro atópase a 4 km.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Mapa da ruta ao Pico:

pico ferreira, san sadurniño

Encoro das Forcadas:

as forcadas

 

*Enlaces interesantes:

http://www.eumeturismo.org/esp/recursos/rota17.html   (información, mapas e localización da ruta)

http://www.clubmontanaferrol.com/info/rutas/comarca/miradores/pico-san-vicente   (información sobre a ruta)

http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/a-lenda-do-pico-de-ferreira   (información sobre as lendas referidas ao Pico)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=643&q=Pico+de+San+Vicente+de+Ferreira%2C+San+Sadurni%C3%B1o&oq=Pico+de+San+Vicente+de+Ferreira%2C+San+Sadurni%C3%B1o&gs_l=img.3…924.13147.0.13927.46.12.0.33.33.0.519.2623.2-2j2j2j1.7.0….0…1ac.1.64.img..6.13.2638…0j0i30k1j0i5i30k1j0i8i30k1j0i24k1.GbbZdXKxexc   (fotos e imaxes do Pico)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Encoro_das_Forcadas   (información sobre o Encoro)

http://guias.masmar.net/R%C3%ADos-y-Lagos/Galicia/Embalse-de-As-Forcadas-Comarca-de-Ferrolterra.-Valdovi%C3%B1o.-A-CORU%C3%91A   (información sobre o Encoro)

https://www.google.es/search?hl=es-419&site=imghp&tbm=isch&source=hp&biw=1366&bih=643&q=Pico+de+San+Vicente+de+Ferreira%2C+San+Sadurni%C3%B1o&oq=Pico+de+San+Vicente+de+Ferreira%2C+San+Sadurni%C3%B1o&gs_l=img.3…924.13147.0.13927.46.12.0.33.33.0.519.2623.2-2j2j2j1.7.0….0…1ac.1.64.img..6.13.2638…0j0i30k1j0i5i30k1j0i8i30k1j0i24k1.GbbZdXKxexc#hl=es-419&tbm=isch&q=encoro+das+forcadas   (fotos e imaxes do Encoro)