Fermosísima ruta, moi ben sinalizada e balizada, que parte da Praia de Abrela (Concello de O Vicedo), visita o Fuciño do Porco, Praias de San Román e Xilloi, pasa a carón da Praia de Arealonga, e despois de atravesar a desembocadura do Río Sor, que separa as provincias de Lugo e A Coruña, remata no pintoresco Porto de O Barqueiro (Concello de Mañón). A destacar, as fermosas praias e as vistas sobre o Mar Cantábrico.

Este tramo, englobado dentro do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, comprende parte da etapa 6 de Viveiro a O Vicedo, e da etapa 1 de O Vicedo – Ladrido.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aproximadamente, 23 km (incluindo, a desviación ao Fuciño do Porco)

Dificultade: fácil

 

Acceso dende Ferrol:

Coller autoestrada AG-64 dirección Vilalba, coller saída 42 e logo estrada LU-540 dirección Viveiro. En Viveiro, coller a estrada LU-862 dirección Ortigueira/Ferrol, e seguir indicacións ata chegar a O Folgueiro.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

Enlaces de interese:

http://www.queplaya.es/playas-de-vicedo-lugo.htm   (información sobre as praias de O Vicedo)

https://www.google.es/search?q=playas+de+o+vicedo&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwjq_fH4yYLOAhUJtxoKHTDLDb0QsAQIMQ&dpr=1   (fotos e imaxes das praias de O Vicedo)

http://www.galiciavirgen.com/punta-fucino-porco/   (información sobre Fuciño do Porco ou Punta Socastro)

https://www.google.es/search?q=playas+de+viveiro&sa=X&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&ved=0ahUKEwjyw5S6yoLOAhWEWxoKHcZLCDQQsAQIHQ#tbm=isch&q=fuci%C3%B1o+do+porco   (fotos e imaxes de Fuciño do Porco)

http://www.espasanteortegal.es/105117086   (información sobre O Barqueiro)

https://www.google.es/search?q=o+barqueiro&source=lnms&tbm=isch&sa=X&sqi=2&ved=0ahUKEwiP8a21v9PSAhWMCcAKHU_JCPAQ_AUIBygC&biw=1366&bih=635&dpr=1#tbm=isch&q=o+barqueiro+coru%C3%B1a&*   (fotos e imaxes de O Barqueiro)