Andaina feita o 11 de novembro de 2017. Percorrido pola parroquia de Santa María A Maior do Val (Concello de Narón), de gran interese histórico, etnográfico e cultural. Aínda que a meirande parte das pistas están asfaltadas, a ruta permite gozar da natureza e coñecer lugares e edificios como o Pazo Libunca, casas medievais, Castro de Quintá, Pena Molexa, Convento de Baltar e a Capela, fonte e cruceiro de Santa Margarida. A ruta está sinalizada, pero nalgúns cruces bótase de menos máis sinalización.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: casi, 18 km

Dificultade: baixa

 

Acceso en coche dende Ferrol:

Coller a estrada AC-566 cara a Valdoviño/Cedeira. No Polígono das Lagoas, na rotonda que leva ao Polígono Río do Pozo, coller a estrada CP-5401 dirección Xuvia. O Pazo está a poucos metros da rotonda.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

os_caminos_milenarios_do_val_en_bici

 

Enlaces de interese:

http://turismo.naron.es/es/conoce-naron/que-visitar/rutas/los-caminos-milenarios-de-o-val   (información detallada da ruta)

http://www.naron.es/web/cat/es/ocio/rutas/   (información sobre rutas polo Concello de Narón)