Andaina feita o 1 de novembro de 2017.

Esta ruta -sinalizada-discorre pola beira do río Lambre e o do seu afluente, o río Medio, nun espacio natural protexido incluido na Rede Natura 2000. Para comezar a ruta situámonos na Praia da Alameda, en Ponte do Porco, e seguimos a estrada DP-4804 cara a Vilarmaior. A 5,5 km divisaremos a antiga minicentral de Güimil e o comezo da “ruta dos muíños”. Imos atopar catro muíños restaurados na parte do Concello de Miño e outros na parte do Concello de Vilarmaior. A ruta remata na Capela de Guadalupe (Miño).

Tipo de ruta: lineal (á volta, en vez de volver polo mesmo camiño, pódese continuar a estrada por Vigo e incorporarse á estrada DP-4804 cara a Ponte do Porco).

Lonxitude: entre 13 e 14 km (i/v)

Acceso dende Ferrol en coche:

Coller a estrada nacional N-651 ata Ponte do Porco.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

dende Praia da Alameda ata Capela de Guadalupe

tramo Capela de Guadalupe-minicentral de Güimil

Enlaces de interese:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5392238   (información sobre a ruta dos muíños, propiamente, tramo Capela de Guadalupe-minicentral de Güimil)

http://playamino.blogspot.com.es/2013/01/que-ver-ponte-do-porco.html   (información sobre Ponte do Porco)

http://roxinroxal.blogaliza.org/a-lenda/   (lenda de Roxin Roxal)