Andaina feita o 18 de xuño de 2017. Ruta sinalizada e balizada, cunha parte lineal e outra circular, no concello de Requejo de Sanabria, provincia de Zamora. A destacar, a fraga de texos milenarios e o Mirador de las Peñas del Veladero, dende o que se divisa o panorama maravilloso de El Tejedelo. Trátase dunha ruta con moita sombra, na que atopamos diversas pontes de madeira e o río Castro.

Tipo de ruta: lineal/circular

Lonxitude: 5,2 km

Dificultade: baixa/moderada

 

Cómo acceder á ruta:

Dende Ferrol, coller A-64, logo a A-8 dirección Santiago; en Baamonde, A-6 dirección Lugo/Madrid. Coller a saída 488 e logo o corredor dirección Sarria/Monforte. A continuación a estrada N-120 a A Rúa/Viana do Bolo. En A Gudiña coller a autoestrada A-52 dirección Benavente/Madrid. Coller a saída 91 e continuar pola estrada N-525 ata Requejo de Sanabria. Unha vez en Requejo veremos un letrero coa indicación El Tejedelo. Seguimos as sinais ata chegar a un parking cun panel informativo sobre a ruta.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapa da ruta:

 

Enlaces de interese:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7221449   (información da ruta)

http://www.turismosanabria.es/senderismo4.php   (información da ruta)

https://es.wikipedia.org/wiki/Bosque_del_Tejedelo   (información xeral)

https://www.google.es/search?q=bosque+el+tejedelo&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwjV_KbF9czUAhUEZVAKHfOADqQQ_AUICygC&biw=1024&bih=662

(fotos e imaxes do bosque)