Distancia aproximada: 6 km (ida e volta)

Percorrido feito o 21 de setembro de 2014.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

http://youtu.be/EZ4fIiiSMz0

 

*Enlace ás fotos subidas a flickr:

https://secure.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157648051806702/

 

*Enlaces de interese:

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=10111

http://www.playas.es/la-coruna/ferrol/playa-san-xurxo-san-jorge.htm

http://www.minube.com/rincon/playa-de-san-jorge–a99047

http://www.queplaya.es/playa-san-xurxo-san-jorge-ferrol.htm

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2643646 (ruta de senderismo Ferrol-Doniños-San Xurxo)

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=19816&ctre=68 (información sobre o Castro de Lobadiz)

 

Descrición:

A Praia de San Xurxo  ten uns 1.800 metros de lonxitude por 100 metros de anchura. Comparte leito de praia con Esmelle, da que se separa polo regato de O Xuncal. Outras praias cercanas son as de Doniños, Lume Bo, A Fragata, Santa Comba e Ponzos. Lobadiz, remate da ruta, contén os restos dun castro prerromano onde se atoparon xoias e atributos de dignidade celtas.

Comezei a ruta cun tempo veraniego no aparcadoiro da Praia de San Xurxo.

DSC_0274

Antes de coller o camiño cara aos acantilados,

DSC_0159

fixen algunhas fotos do areal de San Xurxo, unha praia que posiblemente é das millores da zona.

DSC_0154

O camiño bordea os acantilados pero tamén se adentra no bosque de pinos.

DSC_0164      DSC_0178

Normalmente, durante o percorrido, o camiño é ancho é doado de andar,

DSC_0182

pero ás veces pode estreitarse. Ese día había moita maleza no piñeiral, e restos de excrementos, proba de que é unha zona onde se poden atopar cabalos en estado semisalvaxe.

DSC_0188

A ruta discorre por paraxes de gran beleza; o camiñante en todo momento, sintese un pequeno ponto na inmensidade do océano.

DSC_0229

E un percorrido que permite facer fermosas fotos, como ésta das Illas Gabeiras, chegando a Lobadiz.

A carón das Illas Gabeiras, atopamos a pequena Praia de Lobadiz, unha praia de escasa ocupación, de 75 metros de largo, composta de rochas e area.

DSC_0233

Ao carón da praia atópase o Castro celta de Lobadiz, que contén na súa croa un faro.

DSC_0045       DSC_0057

DSC_0232

Despois de visitar o castro, polo camiño de volta atopo a un grupo de cabalos

DSC_0251

que pacen plácidamente na tarde veraniega.

Logo, tomo a estrada que vai de Doniños a San Xurxo,

DSC_0267

para chegar ao aparcadoiro de San Xurxo, onde remato o percorrido.

 

 

 

 

 

 

Leave a comment