Distancia percorrida aproximada: 17 km, ida e volta, de Betanzos á Minicentral do Río Zarzo.

A ruta transcorre polo Concello de Betanzos.

Feita o 17 de novembro de 2013.

 

*Enlace ao vídeo publicado en Youtube:

 

*Enlace ao vídeo  editado có programa Magisto:

http://www.magisto.com/video/IgQXZgFaEzIyDwBhCzE

 

*Enlaces de interese:

http://www.riomandeo.com/index.php?s=24&su=33&cat=su

http://www.rios-galegos.com/sende13.htm

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=840385

 

*Enlace ás  fotos e vídeos da ruta en flickr:

http://www.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157637915803756/

 

*Descrición:

Como xa fixen en anteriores ocasións collín o tren -esta vez, Renfe- temprano con dirección a Monforte, e parada en Betanzos, onde comezaría a ruta. O tren é moi cómodo, da serie Alvia, como o tren que tristemente se accidentou en Santiago o verán pasado.

Facía moito frío, polo que decidín abrigarme ben. Puxen a miña sudadera da Universitá de Roma, e dirixime á estación. Tras 45 minutos de viaxe baixo en Betanzos-Cidade, e camiño á Praza García Hermanos, a tomar un café.

Parei na Cafetería Versalles -a do edificio con tellado de estilo francés- e tomei un café ben quente e lín o xornal.

As 10.45 inicio a ruta, baixando pola Rúa Anxeles, en dirección á ribeira do río. O meu primer ponto de referencia e paso vai ser o lugar de Os Caneiros, moi famoso -e fermoso- xa que ata alí chegan en barca os romeros que fan a Xira de Os caneiros todos os veráns. O camiño para chegar a os Caneiros e precioso, e está moi ben coidado.

Camera 360Camera 360DCIM100MEDIA

Despois dos Caneiros diríxome ao Coto de Chelo, onde se poden atopar diversos muíños. A paisaxe aquí e moi fermosa, grazas aos colores ocres e verdes propios do outono. Abundan os carballos e os líquenes. Dependendo dos tramos o río transcorre moi encañonado. Pódense atopar nas ribeiras construccións abandonadas como refuxios de pescadores ou un balneario.

Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360

Chego á Minicentral do Río Zarzo onde decido rematar á ruta. Despois de comer, tomo o camiño de volta á Betanzos para coller o tren da tarde a Ferrol.

Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360

Compre dicer que ésta é unha ruta perfectamente sinalizada e no mesmo camiño conflúen varias rutas relacionadas entre sí.

Camera 360Camera 360

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s