Percorrido feito o 20 de setembro de 2014.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

http://youtu.be/GJ-Ml36gsgc

 

*Enlace ás fotos subidas a flickr:

https://secure.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157648051925041/

 

*Enlaces de interese:

Concello de Valdoviño

http://www.playas.es/la-coruna/valdovino/playa-meiras.htm

https://gl.wikipedia.org/wiki/Faro_de_Punta_Frouxeira

http://www.nationalgeographic.com.es/articulo/fotografia/paisajes/8035/santuario_marinero_virxe_porto.html

http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013/11/lenda-da-virxen-do-porto.html

 

Descrición:

Todas estas praias están localizadas na parroquia de Meirás, Concello de Valdoviño. Trátase de pequenas praias, con areais dorados, ventosas e con forte oleaxe. Os atardeceres na zona son realmente espectaculares, como éste que fotografiei o día da visita.

DSC_0135

Na zona -moi perto da Praia dos Botes-destaca a presencia da Ermida da Virxe do Porto e o Faro de A Frouxeira.

DSC_0109        DSC_0113

O día que visitei as praias e o faro facía mal tempo, con vento e chuvia lixeira. Eso non impedíu que pagara a pena facer fotos, xa que non había néboa e a costa víase perfectamente.

Das praias visitadas a que máis me impresionou foi a dos Botes, polo súa localización (perto do faro) e pola disposición do areal.

DSC_0081         DSC_0083

Quizáis a máis salvaxe na miña opinión é a de Meirás, moi pequena, chea de rochas, pero moi boa para os rapaces xa que ten como unha poza onde éstes se poden bañar sen perigo; ademáis, cando o vento pega forte pola zona de Valdoviño e A Frouxeira, aquí sopla suave.

DSC_0134            DSC_0077

Na foto de abaixo, a esquerda pódese ver a Praia de Meirás, e a dereita, ao lonxe, a Praia do Río.

DSC_0002

A Praia do Río é a que está máis alonxada do faro, a máis urbana, e conta cun paseo marítimo. Ademáis, ten  vistas moi fermosas do faro e da ermida,

DSC_0143            DSC_0277

e a carón dela hai establecementos diversos de hostelería.

DSC_0151

 

 

 

Leave a comment