Andaina feita o 17 de decembro de 2017. Curta pero fermosa ruta polo espazo natural de Razo Baldaio, no Concello de Carballo. A ruta percorre areais como a Praia de Razo, Praia da Pedra do Sal ou Praia de Arnela e, sobre todo, a Lagoa de Baldaio. A sinalización é un poco escasa.

Tipo de ruta: lineal

Lonxitude: aproximadamente, 9 km

Dificultade: baixa

 

Cómo acceder dende Ferrol:

Coller estrada N-651 a Betanzos. En Betanzos coller a autoestrada A-6 dirección A Coruña. En Arteixo coller a estrada AC-552 dirección Fisterrae logo a estrada DP-1913 ao Espazo natural de Razo Baldaio.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Enlaces de interese:

http://turismocarballo.org/info.php?id=94&idioma=gl&sec=24   (información e mapas da ruta)

http://www.turismocarballo.com/info.php?id=699&idioma=gl&sec=24   (Senda do mar)

http://www.turismocarballo.com/info.php?sec=13&idioma=es   (espazo natural Razo Baldaio)