Andaina feita o 19 de novembro de 2017. Ruta circular moi fermosa, parcialmente sinalizada, con inicio no Miradoiro de Chao do Monte e visitando -neste orde- San Andrés de Teixido, Miradoiro de Teixidelo, Miradoiro de Garita de Herbeira, aldea de Meizoso e Miradoiro dos Carrís. A destacar, as vistas sobre os cantiles ao longo da ruta, especialmente dende a Garita de Herbeira.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: entre 18 e 19 km (i/v)

Dificultade: fácil

 

Acceso á ruta en coche dende Ferrol:

Coller a estrada AC-116 e logo AC-566 ata Cedeira. Dende Cedeira coller a estrada local CP-2204 cara a San Andrés de Teixido. Antes de chegar a Teixido (aproximadamente, no km 8) comezar a ruta no Miradoiro de Chao do Monte.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

Mapas da ruta:

Enlaces de interese:

http://turismo.cedeira.gal/conece-cedeira/miradoiros/   (información sobre os miradoiros da Serra da Capelada)

http://turismo.cedeira.gal/conece-cedeira/san-andres-de-teixido/   ((información sobre San Andrés de Teixido)