Fermosa ruta por terras do Mandeo, con inicio e remate na Central do Zarzo (Concello de Paderne).

Itinerario feito: Central do Zarzo (Concello de Paderne), Area de ocio e Ponte das Pías (Concello de Irixoa), Igrexa de Santiago de Ois (Concello de Coirós), O Casal, Caresma, Central do Zarzo.

Nalgúns tramos comparte ruta con outros sendeiros (SM.10/SM.11). Hai sinalización, pero recoméndase o uso do GPS xa que faltan sinais en moitos cruces.

Oficialmente, o sendeiro SM.09 comeza na Ponte das Pías (alí se atopa o panel coa descrición da ruta) e leva á Central do Zarzo, pero eu o fixen ao revés, comezando na Central.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aproximadamente, 10,6 km (i/v)

Dificultade: fácil/moderado

 

Acceso á ruta:

Dende Ferrol, coller as estrada N-655 e N-651 dirección Pontedeume, e logo as estradas AC-144 e AC-151 ata destino.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

Mapa da ruta:

mapa-da-ruta-zarzo-as-pias

Enlaces de interese:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11782796   (información, descrición e mapa da ruta)

http://www.queverengalicia.com/2016/01/senderismo-sm09-ruta-de-as-pias-zarzo.html

(información, descrición e mapa da ruta)

http://www.riomandeo.com/index.php?s=24&su=33&cat=su   (información sobre rutas polo Mandeo)

senderos-rio-mandeo

https://es.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Mandeo   (información sobre o Río Mandeo)