Fermoso percorrido pola beira do Río Belelle, no Concello de Neda. Parte da Central Hidroeléctrica do Belelle, visita a fervenza, sube ao mirador e o canal de auga, para logo seguir ata a represa e rematar no Miradoiro de Viladonelle. Ruta moi bonita con constantes subidas e baixadas, e fermosas vistas á Fervenza do Belelle.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aproximadamente, 8 km

Dificultade: fácil (aínda que hai constantes subidas e baixadas)

Acceso á ruta:

Dende Ferrol coller a estrada AC-862 dirección Ortigueira/Ribadeo. Na Mourela Baixa coller estrada local DP-5503 ao Roxal. No Roxal, no km 2,6 coller desviación á dereita cara o Pazo de Isabell II/Central hidroeléctrica/Fervenza do Belelle. Pódese deixar o coche no Pazo e camiñar ata a  Central ou aparcar afora da Central

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

*Mapa da ruta:

mapa da ruta do Belelle

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4683243   (información, mapas e localización da ruta)

http://www.galiciaenpie.com/destinos-galicia/coruna/neda/fervenza-belelle.html   (información sobre a ruta e a fervenza)

http://www.clubmontanaferrol.com/info/rutas/comarca/paseos-por-ferrolterra/belelle-todo-un-rio/   (info sobre o Río Belelle)

https://www.google.es/search?q=ruta+rio+y+fervenza+do+belelle&biw=1366&bih=643&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwjsj5SS_ubNAhVJ5xoKHblmCEoQsAQIKw&dpr=1   (imaxes e fotos sobre a ruta e a fervenza)