Fermosísimo percorrido polo Cabo Home e a Costa da Vela, tendo sempre á vista as Illas Cíes e a Ría de Vigo. Con inicio no Mirador de Donón, xunto á Caracola, visítase o Monte do Facho có seu xacemento arqueolóxico e as impresionantes vistas dende o seu cumio, a Punta do Couso, as Praias de Barra e Melide, e os faros de Punta Subrido, Punta Robaleira e Cabo Home. Un goce para os sentidos.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aproximadamente, 22,8 km

Dificultade: moderada

Acceso dende Ferrol:

Coller pola AP-9 dirección Pontevedra, en Pontevedra coller saída 132A e logo seguir pola estrada PO-11, VG-4.4 e PO-551 dirección Bueu. En Cangas coller a estrada PO-315 dirección Aldán/Hío. Logo seguir as indicacións Cabo Home/Donón/Mirador de Donón.

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

Mapa da ruta:

Enlaces de interese:

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11970036   (información da ruta)

http://cangas.gal/rutas_de_interese_gal.php   (información sobre rutas polo Concello de Cangas)

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/monte-facho/   (información sobre o Monte do Facho e o seu castro)

https://www.google.es/search?q=caracola+de+cabo+home&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwjur_jvpf7SAhWLA8AKHXVvAKcQsAQILg&biw=1366&bih=635

(imaxes e fotos da escultura coñecida como “A Caracola” de Donón)