Distancia percorrida: 16 km (ida e volta)

Ruta feita o 29 de xuño de 2014.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

http://youtu.be/m79calvEL3I

 

*Enlaces de interese:

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=277249666&ctre=23

http://www.santiagoturismo.com/senderos/ruta-de-los-tres-rios-pr-g-121

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781355

 

*Enlace ás fotos subidas a flickr:

https://secure.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157647303265810/

 

Descrición:

A Ruta dos Tres Ríos denomínase PRG 121 e percorre as ribeiras dos ríos Ulla, Beseño e Lañas, no Concello de Touro, a través das parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes.

Ruta tres ríos 29.06.14  (1)Ruta tres ríos 29.06.14  (12)

Trátase dun percorrido duns 10 kilómetros, que apenas se separa das beiras destes ríos. O tempo estimado para efectuar o percorrido é de 3 horas e media. O acceso na meirande parte é bó. As zonas máis técnicas e difíciles do sendeiro resolvéronse con escaleiras e pasarelas de madeira que facilitan o paso e habilitan a ruta para calquera persoa que se anime a visitar este lugar.

Comezei a ruta na Area Recreativa de Santaia, unha zona de descanso e esparcimento destacada. Segundo a sinalización, no km 2 chego ao Muíño da Carballa, alimentado polas augas do río Lañas.

Ruta tres ríos 29.06.14  (5)Ruta tres ríos 29.06.14  (6)

Este muíño está restaurado na súa totalidade. Os muíños outrora concentraban parte da actividade diaria dos veciños da zona. Así mesmo, o sendeiro ofrece espazos naturais de gran beleza entre frondosos bosques, onde antigamente se apañaban leña e castañas. No tramo do Ulla pódese observar algún resto das antigas pesqueiras que se utilizaban para capturar os peixes do río.

Ruta tres ríos 29.06.14  (8)Ruta tres ríos 29.06.14  (25)

A fervenza coñecida como Salto das Pombas é outro dos atractivos deste contorno. Situada aproximadamente no km 4 no lugar coñecido como Montes de Fao, presenta unha caída de dez metros de altura. Aqui realmente me paro un bó rato para admirar a caída da agua. Parece unha paisaxe realmente máxica.

No km 8 chego ao Ponte da Laña, onde podemos apreciar a beleza paisaxística que nos ofrece a desembocadura do río Lañas no Ulla.

Ruta tres ríos 29.06.14  (13)Ruta tres ríos 29.06.14  (36)

Ao rematar a ruta, atopamos Ponte Basebe, lugar onde se unen os concellos de Touro e Vila de Cruces

 

 

 

 

 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s