Distancia percorrida: aprox. 18 km (ide e volta).

Denominación da ruta: PRG-8 Morgallón-Río Sor-Morgallón.

Transcorre polo Concello de O Vicedo (Lugo).

Percorrido feito o 23 de novembro de 2013.

 

*Enlace ao vídeo publicado en Youtube:

 

*Enlace ao vídeo da ruta editado có programa Magisto:

http://www.magisto.com/album/video/Pzs_UF8DQ1AmPSMHDmEwCXl5

 

*Enlaces de interese:

http://www.fgmontanismo.es/descargas/sendasparadescubrirunpais2011.pdf

http://www.everytrail.com/view_trip.php?trip_id=1217143

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=33804&ctre=23

 

*Enlace ás miñas fotos e vídeos subidos a flickr:

http://www.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157638020900204/

 

Descrición:

Tras chegar en tren Feve a O Vicedo dirixime ao centro da vila para tomar un café. Despois dun rato iniciei a ruta, que está ben sinalizada. O único negativo e que ao comezar a ruta empezou a chover e non parou ata principios da tarde

Camera 360Camera 360Camera 360
Este sendeiro destaca pola beleza das ribeiras do río Sor. Iníciase despois de pasar o núcleo do Morgallón, no cruzamento dunha grande explanada. Segue por unha estrada local ata a ponte que cruza o río en Monte de Insua de Baixo. Desde aquí diríxese, dirección río arriba, a Ponte Ulló.
Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360
Unha central eléctrica xa abandonada, unha antiga cadeira de ferro que grazas a unha polea permitía atravesar o río e un fermoso muíño son algúns dos elementos que acompañan a ruta.A presa de Ponte Ulló constitúe unha importante reserva piscícola. Despois de cruzar o istmo que separa os dous tramos do río, cóllese a pista de regreso que acompaña o curso do auga encaixada entre verticais ladeiras. Ao chegar outra vez a Monte de Insua e despois de cruzar a ponte, un sendeiro pola marxe dereita do río conduce ata outra “telecadeira”.Para acceder á ruta se parte de O Viceo a Negradas, logo bórdease a Isla de San Martiño e o estuario do Río Sor para seguir cara o Morgallón (dirección Casa Lamelas-Turismo Rural).Camera 360Camera 360Camera 360

Unha vez rematada a ruta, pola tarde visitei a praia de O Vicedo antes de coller o tren de volta a Ferrol.

Camera 360

 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s