Distancia percorrida: aprox. 9 km (lineal).

Transcorre polo Concello de Narón.

Percorrido feito o 26 de outubro de 2013.

 

*Enlace ao vídeo publicado en Youtube:

 

*Vídeo da ruta editado con Magisto.

http://www.magisto.com/album/video/MD4vVl8DQ1AmPSMHDmEwCXp-

 

*Enlaces de interese:
http://www.concellodenaron.com/web/cat/es/ocio/rutas/get/2

http://www.turnaron.es/paxinas/espanol/que-ver/rutas-turisticas/ruta-de-los-molinos-por-el-rio-xuvia.php

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1816425 (ruta do Río Xuvia)

 

*Enlace ás miñas fotos subidas a flickr:

http://www.flickr.com/photos/106695419@N08/sets/72157637514268784/

 

Descrición:

Esta ruta, de 9 kilómetros de extensión, recorre a ribeira do Río Xuvia. É un agradable paseo descendente, entre vexetación, que chega ata á ría de Xuvia, sorteando muíños e demáis construccións e industrias de carácter fluvial (pesqueiras, encoros, pontes…), entre as que destaca con nome propio a fábrica de moeda, no interesante núcleo histórico de Xuvia.

O sábado 26 de outubro de 2013 collo o tren de Feve en dirección a San Sadurniño para facer o percorrido pola ribeira do Río Xuvia, ata a súa desembocadura en Neda. Fai un día estupendo para andar, polo que comezo a miña andaina con moita ledicia dende a estación de tren de San Sadurniño.

           

A ruta comeza no Muiño de Perfecto, situado no límite entre os concellos de Narón e San Sadurniño, frente a unha depuradora. Dito muíño está en ruinas.

Camera 360Camera 360

Camiño á beira do río, estreito, fermoso, cheo de charcos debido ás recentes chuvias; hai tramos no que o río leva máis caudal.

Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360

Despóis duns 5 km chego a área recreativa do Pedroso. Nesta área atoparemos un camping con bungalows, lugares para facer fogo,

Camera 360Camera 360Camera 360

un muíño e unha área para o baño. Apenas hai xente a pesar do bo día. Como e, unha hora despóis, sego o meu camiño.

Dende o Pedroso , tras deixar atrás diversos muíños, chego á Presa do Rei, que ofrece fermosas fervenzas, creadas no discurrir do río Grande cara á ría de Xuvia.

Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360Camera 360

A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para darlle enerxía á Real Fábrica de Moeda de Xuvia, que actualmente é un dos lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.

Camera 360Camera 360Camera 360

Despois de xantar algo, pola noite collo o tren de novo cara a estación de Feve en Ferrol.

Para mín ésta é unha ruta fermosa, cunha interesante vexetación e cun río que as veces leva moito caudal. A avantaxe é que todo o tempo o camiño transcorre pola ribeira do río e coa posibilidade de ver cousas interesantes. Ademáis, está moi perto da cidade de Ferrol. O seu acceso é doado e o percorrido é  moi suave, sen desnivel, apto para todos os públicos.

 

 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s