Fermosa ruta circular pola costa aresana visitando algúns dos seus miradoiros. Sae do Miradoiro de Augameixa, continúa por Punta do Boi, Punta Promontoiro, Punta Coitelada, Praia de Chanteiro, achégase ao Miradoiro e as baterías militares de Punta Segaño, rodéase a Ría de Ferrol, pasando por diante do Castelo da Palma (xa en Mugardos), e se sube en dirección ao Mosteiro de Santa Catalina para rematar no Miradoiro da Bailadora, coas súas impresionantes vistas da Ría de Ferrol, antes de tomar o camiño de volta a Punta de Augamexa.

Acceso á ruta dende Ferrol:

Dende Ferrol coller a estrada AC-133 dirección Mugardos, e tras pasar Franza estrada AC-123 dirección Ares- En Ares coller a estrada DP-0402 dirección Lubre, Cervás, Chanteiro. Logo dirixirse ao lugar de Maiobre.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: aproximadamente, 19,5 km

Dificultade: fácil

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

Mapa da ruta:

Enlaces de interese:

http://www.concellodeares.com/rutas.php   (información sobre rutas polo Concello de Ares)

http://www.concellodemugardos.gal/es/mugardos/fotos/castelo-da-palma

https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_San_Felipe_(Ferrol)

https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_Santa_Catalina_(Montefaro)

https://www.google.es/search?q=ria+de+ferrol&source=lnms&tbm=isch&sa=X&sqi=2&ved=0ahUKEwjC7aOb-ezSAhVBXBQKHSpSC4UQ_AUIBigB&biw=1366&bih=635   (fotos e imaxes da Ría de Ferrol)