Rutas feitas o 14 de abril de 2017 no entorno do Valle de la Fuenfría, dentro do Parque Nacional da Serra do Guadarrama, no norte de Madrid. Combinación de tres rutas – Calzada Borbónica, Los Miradores, Pico de Majalasna- todas elas ben sinalizadas e balizadas. A destacar, as fermosas vistas do val dende o cumio do Majalasna, a dureza de parte da Calzada Borbónica e a orixinalidade dos Miradores de los Poetas.

Tipo de rutas: lineal

Lonxitude e dificultade:

-Calzada Borbónica: 3,9 km (moderada-alta)/-Los Miradores: 9,3 km (fácil-moderada)/-Pico de Majalasna: 12,3 km (moderada-alta)

 

Cómo acceder dende Ferrol:

Coller a A-6 dirección Madrid. Dende Madrid coller a estrada ata Cercedilla. Dende Cercedilla acceder ao Valle de la Fuenfría a través da Carretera de las Dehesas.

 

Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

 

 

Enlaces de interese:

http://www.cercedilla.es/senderismo-y-rutas/   (mapas e información detallada das rutas)

http://www.sierranorte.com/sierranorte/index.php   (mapas e información de rutas pola serra norte de Madrid)