OLA,

O meu nome é Juan Galán, e son docente nun centro educativo de Ferrol (A Coruña).

Este blog é un blog  viaxeiro . Nel atoparedes información, fotos e vídeos sobre viaxes, natureza, e rutas que fixen, tanto  dentro como  fora de Galicia. Como amante e practicante de senderismo, unha sección moi importante para mín é a referida ás Rutas e sendas por Galicia, principalmente polas beiras dos ríos galegos.

A través dos meus reportaxes, quero facer unha homenaxe ao patrimonio natural de Galicia, unha terra cunha beleza singular.

Espero que vos guste este blog, e estades convidados a deixar os vosos comentarios.

Saúdos.

Leave a comment