Percorrido feito o 23 de decembro de 2015. Trátase de dúas rutas curtas dentro do Parque Natural do Invernadeiro (Macizo Central), a “Ruta da Auga” (4 km, dificultade baixa) e “Ruta das Troitas” (3,5 km, dificultade baixa).
O Invernadeiro foi declarado refuxio de fauna en 1985 e adoptou a categoría de Parque Natural en 1997. Caracterízase pola súa elevada diversidade biolóxica, tanto animal (cabra montesa, gamo, rebeco, gato montés, lobo…) como vexetal (bidueiros, carballos, pinos silvestres…).
O Parque Natural conta cunha aula da natureza, na que os escolares e outros grupos diversos poden desenvolver actividades de educación ambiental.

Para visitar o Invernadeiro é necesario pedir autorización previa.

Ruta da Auga: moi ben sinalizada, circular, de 4 km. Inicio e fin, na aula da natureza. Cóllese a pista que leva ata o encoro, bordéase o cercado de gamos. Entre brezos e pinos a senda lévanos pola beira do río Ribeira Grande.

Ruta das Troitas: moi ben sinalizada, circular, de 3,5 km. Inicio e fin, na aula da natureza. A 2 km do aula atopamos o Laboratorio das Troitas, onde podemos observar a infraestructura necesaria  de captura de troitas para realizar un desove manual có fin de acadar un maior número de alevíns. A senda lévanos pola beira do río Ribeira Grande.

Aparte destas 2 rutas, hai outras destacadas como a “Ruta da Ortiga”, “Ruta da Aceveda”, “Ruta do Depósito”, ou  “Ruta dos Cercados”, etc.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Enlaces de interese:

http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Parques_naturais/seccion.html&std=O_invernadeiro.html  (información xeral  sobre o Parque Natural, rutas, mapas e localización)

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10859212  (Ruta da Auga e das Troitas: mapas, localización)

http://www.turgalicia.es/parque-natural-o-invernadeiro-presentacion?langId=es_ES  (rutas, mapas)

https://www.google.es/search?q=mapa+senderos+o+invernadeiro&sa=X&espv=2&biw=1366&bih=667&tbm=isch&tbo=u&source=univ&ved=0ahUKEwiD_9fwxpPKAhWCWxQKHTAqA64QsAQIKw&dpr=1  (fotos do Parque)