Fermoso percorrido -clasificado como PRG-178- que se inicia e remata en Luíntra (Concello de Nogueira de Ramuín, Ribeira Sacra, Ourense). A través de frondosas fragas de biduedos, castaños e carballos se visitan pequenas aldeas como Mundín, Pombar, Paradela ou Biduedo. A destacar, as vistas do Cañón do Sil, o Mosteiro de Santo Estevo (dende hai uns anos reconvertido en Parador de Turismo) e as Mámoas de As Cabanas ou de Moura.

Nogueira de Ramuín é unha zona tradicional de afiadores. Estes crearon unha lingua propia -o Barallete- có fin de que os alleos ao oficio non entendesen as conversas. Có paso do tempo outros oficios tradicionais -como os dos paraugueiros- adoptaron esta fala.

En Barallete Marquino largaño significa “camiño longo”. Este camiño recorre parte do antigo “Camiño Real” que iba dende Os Peares ata o Mosteiro de Santo Estevo.

Tipo de ruta: circular

Lonxitude: 15 km

Andaina feita o 26 de decembro de 2015.

 

*Enlace ao vídeo publicado en YouTube:

 

*Enlaces de interese:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10123973  (localización e mapa da ruta)

http://www.nogueiraderamuin.com/  (información xeral)

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5216  (Mosteiro de Santo Estevo)

http://www.turgalicia.es/ruta-dos-encoros-da-ribeira-sacra-e-canons-do-sil?langId=es_ES  (Cañón do Sil e ruta dos encoros)

http://www.olardexabi.es/turismo_cultural.htm  (información sobre a Ribeira Sacra)

https://www.google.es/search?q=Ribeira+sacra+ourense&espv=2&biw=1366&bih=667&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=0ahUKEwjxqoz29IvKAhXMtxQKHXoHBS8QsAQIQQ&dpr=1  (fotos da Ribeira Sacra)